Joom!Fish config error: Default language is inactive!
 
Please check configuration, try to use first active language

Actuacións do Retaler II
Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
Actuacións do RETALER II

A Deputación de Ourense apoia un futuro de enerxías renovables.

No seu constante apoio ao medio ambiente e as enerxías renovables, a Deputación de Ourense súmase ao Proxecto Retaler II, que ten como obxectivo reforzar a cooperación entre as autoridades locais e provinciais no campo das enerxías renovables nas zonas transfronteirizas.

O Proxecto Retaler II persegue a creación de emprego e a diversificación das actividades para loitar contra o despoboamento a través do despregamento das energías renovables, potenciando as relacións entre os dous lados da frontera (intercambio de boas prácticas, sensibilización e formación).

Actividade 1

Leváronse a cabo análises enerxéticas dos edificios públicos da Deputación de Ourense para ter unha visión do alcance enerxético actual restes, así como para contar cunha proposta de servizos con aforros garantidos para a realización duna seguiste fase de actuación no futuro.

 

Actividade 2

Implantación de catro instalacións minieólicas neutras tantas depuradoras da provincia de Ourense co obxectivo de reducir o seu custo de funcionamento e lograr depuradoras compactas de aguas residíais enerxéticamente máis eficientes.

 

Actividade 3

Tamén se está a realizar a substitución das luminarias convencionais, lámparas e balastos así como a instalación de sistemas de regulación e control en diversos edificios públicos da Deputación de Ourense como método para acabar a consecución dunha mayor eficiencia e aforro enerxético.

 

Actividade 4

Realización dun vídeo no que se difunden os resultados de todas as actuacións que a Deputación de Ourense leva realizado no ámbito da eficiencia enerxética e enerxías renovables, e tanto das cofinanciadas con cargo aso fondos da UE, como das realizadas con fondos propios ou otro tipo de subvención (estatal, autonómica,...)