Joom!Fish config error: Default language is inactive!
 
Please check configuration, try to use first active language

O Proxecto RETALER I
Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
O Proxecto RETALER I

A Deputación de Ourense, a través do Negociado de Planificación, presentou conxuntamente coa case totalidade das entidades locais españolas e portuguesas fronteirizas, no ano 2009, un proxecto á primeira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (POCTEP) 2007-2013, e resultou aprobado. O proxecto contou cun orzamento  total de 2.157.000 €, cofinanciado ó 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

O Proxecto RETALER I tivo como obxectivo a cooperación temática en enerxías renovables entre autoridades locais españolas e portuguesas, co fin de promove-la súa implantación, desde un enfoque integrado e homoxéneo que cubra a fronteira hispano-lusitana, que supere as áreas tradicionais de cooperación e responda ós retos do espazo transfronteirizo.

Área de actuación do Proxecto RETALER I:

Portugal: Norte, Centro, Alentejo e Algarve (Minho-Lima, Cávado, Alto Trás-os-Montes, Douro, Beira Interior Norte, Beira Interior Sul, Alto Alentejo, Alentejo Central e Algarve; así como Ave, Porto, Tâmeg
España: Galicia (Ourense), Castela e León (Salamanca, Zamora), Estremadura (Cáceres e Badaxoz) e Andalucía (Huelva).

Actividades do Proxecto RETALER I que desenvolveu a Deputación de Ourense

En concreto, a Deputación de Ourense, que xunto con outra entidade galega, o Eixo Atlántico, participa como socio no proxecto, centrou as súas actividades, por unha banda, na realización dunha serie de estudos que permitan avalia-las potencialidades do aproveitamento da biomasa na provincia, así como as posibilidades de implantación de diversos Centros de Transformación da Biomasa (CTB), e, por outra, no desenvolvemento dun proxecto piloto que permita o aproveitamento enerxético das augas procedentes das estacións depuradoras de augas residuais da provincia. Por último, tamén realizou unha serie de auditorías en edificios e instalacións públicas que permitan un maior aforro e eficiencia enerxética, así como participará no intercambio de boas practicas, sensibilización e formación.
O Proxecto RETALER I propón solucións concertadas en materia de enerxías renovables ó nivel das distintas comunidades de traballo existente ó longo da fronteira, ofrecendo un enfoque transversal inédito debido á participación de organizacións que representan a case totalidade do espazo da fronteira hispano-lusa.
Máis detidamente a Deputación de Ourense participou nas seguintes accións.

Actividade 1: Estudos/plans/guías transfronteirizas para a implantación de enerxías renovables na Raia.

No marco da actividade 1 levaranse a cabo diferentes estudos, coa función de seren ferramentas para a planificación e ordenación dos recursos enerxéticos nos territorios beneficiarios. Por esta razón, non só orientarán a realización dalgúns dos proxectos piloto propostos en RETALER I, tamén as actuacións propias dos socios no exercicios das súas competencias.

1.1. Estudo sobre “As potencialidades da biomasa no desenvolvemento do  espazo raiano”(recompilación de estudos das diferentes áreas provinciais fronteirizas (NUTIII)).
1.2. Estudos sobre “As potencialidades da biomasa en varias provincias (NUTS III)¨. Caracterización e avaliación do potencial de biomasa existente na área beneficiaria. Desenvolvemento dunha estratexia sostible do uso da biomasa
1.3. Estudo para a implantación de centros de transformación de biomasa (CTB) na  provincia de Ourense.
1.4. Propostas de modificación e/ou adaptación das ordenanzas municipais para a promoción da utilización das tecnoloxías de enerxías renovables en edificios municipais (sistemas solares térmicos e/ou fotovoltaicos), con especial referencia á súa implantación en áreas sensibles (núcleos históricos e edificios clasificados). Ordenanzas estándar para tódolos concellos de Ourense en materia enerxética.
1.5. Auditorías de edificios e instalacións públicas da Deputación de Ourense.

  • Auditoría de aforro enerxético.
  • Auditoría en materia de seguridade en instalacións eléctricas.
  • Eficiencia enerxética a nivel municipal.

Actividade 2: Proxectos piloto en materia de enerxías renovables.

No marco da Actividade 2, leváronse  a cabo unha variedade de proxectos piloto conxuntos, en instalacións públicas, que sirvan de modelo para a implantación de aplicacións das enerxías renovables, en tódolos territorios do proxecto. Desta forma, a través da transferencia de metodoloxías, documentos e know-how, tódalas entidades participantes poderán executar, por si mesmas, un amplo abanico de actuacións.

2.1. Recuperación de enerxía en estacións depuradoras de augas residuais (Proxecto RECUPEDAR).
Aproveitamento enerxético das augas procedentes das estacións depuradoras de augas residuais da Pobra de Trives e Cartelle.
O Proxecto RECUPEDAR propón o aproveitamento da enerxía hidráulica producida polas augas residuais da propia planta depuradora así como para compensar o gasto enerxético producido no bombeo da auga potable.

Actividade 3: Intercambio de boas prácticas, sensibilización e formación.

No desenvolvemento da actividade 3, divulgaranse a tódolos socios as actuacións que cada socio levará a cabo no seu territorio, nas que poderán participar. Ademais, as actividades de divulgación pretenden chegar a tódolos axentes e actores locais, así como sensibilizar ós cidadáns sobre o potencial e as vantaxes das enerxías renovables.

Accións nas que participan tódolos socios (accións comúns):

1. Creación e actualización da páxina web bilingüe do proxecto.
2. Integración da información e os resultados na web das entidades participantes.
3. Creación dun folleto bilingüe do proxecto.
4. Catálogo conxunto de boas prácticas en materia de eficiencia e aforro enerxético.
5. Formación de xestores enerxéticos municipais e provinciais (Rede GEM).
6. Accións de difusión e divulgación a través da web, seminarios e mass media. Divulgación en eventos de terceiros dos resultados e produtos. Divulgación a outros espazos transfronteirizos da Unión Europea.
7. Estancias de transferencia. Intercambio de experiencias técnicas: formación conxunta, sesións de transferencia, estancias en entidades, desenvolvemento de propostas conxuntas en ámbitos de interese financiadas ou non por fondos estruturais.
8. Cursos de formación para diferentes destinatarios (alcaldes, técnicos e cidadáns), baseados en módulos formativos comúns de aplicación transfronteiriza.

  • Xornadas técnicas en materia de: iluminación (exterior e interior, novidades en iluminación. Cadros, sistema de regulación/control). Presente e futuro de enerxías renovables. Sistemas de telexestión. Sistema de optimización de facturas/ferramentas para os xestores enerxéticos municipais (XEM). Financiamento.

9. Seminarios transfronteirizos.
10. Concorrencia a premios ás mellores prácticas nacionais e europeas (IDAE, Comisión Europea, entre outros).

Accións do socio galego Eixo Atlántico, que tiveron implantación na Provincia de Ourense:

1. Publicación de: dous libros sobre enerxías renovables, unidades didácticas sobre enerxías renovables, así como sobre as xornadas sobre presente e futuro das enerxías renovables na  Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.
2. Campañas didácticas sobre enerxías renovables.
3. Realización dunha Xornada técnica sobre o presente e o futuro das enerxías renovables na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.