Joom!Fish config error: Default language is inactive!
 
Please check configuration, try to use first active language

Os Proxectos RETALER
Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
Os Proxectos RETALER

Os proxectos RETALER I e II teñen como obxectivo a cooperación temática en enerxías renovables entre autoridades locais españolas e portuguesas, co fin de promove-la súa implantación, desde un enfoque integrado e homoxéneo que cubra a fronteira hispano-lusitana, que supere as áreas tradicionais de cooperación e responda ós retos do espazo transfronteirizo.

OBXECTIVO XERAL DOS PROXECTOS:

Reforza-la cooperación entre as autoridades locais e provinciais no campo das enerxías renovables, mediante a transferencia de boas prácticas e metodoloxía, así como a definición conxunta de políticas e proxectos transfronteirizos, co obxecto de dar resposta, desde o nivel local, ós principais retos das zonas transfronteirizas:

A. Diversificación das actividades nas zonas para loitar contra o seu despoboamento.
B. Solución dos problemas ambientais e de tipo ecolóxico que se manifestan particularmente nas zonas rurais.
C. Desenvolvemento  de redes interactivas transfronterizas.
D. Implantación de modelos sostibles de ordenación do territorio.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DOS PROXECTOS RETALER:

  • Favorece-la implantación transfronteiriza das enerxías renovables nos ámbitos de actuación das entidades locais, en especial, nos municipios radicados en áreas rurais, para lograr un desenvolvemento sostible, que reduza as diferenzas na materia, existentes entre os núcleos urbanos e os rurais.
  • Artellar estratexias de desenvolvemento territorial equilibradas, que se concreten en plans estratéxicos transfronteirizos de cooperación e se fundamenten na explotación económica das potencialidades das enerxías renovables, en especial, en relación á xeración e consolidación do emprego.
  • Promove-la competitividade das economías locais para responder ós retos presentados polo cambio climático, recoñecendo no aforro e a eficiencia enerxética un instrumento do crecemento económico e do benestar social.
  • Contribuír a controlar e diminuí-las emisións de dióxido de carbono á atmosfera, en liña cos requirimentos comunitarios e o Protocolo de Kyoto, mediante a aplicación de medidas de aforro e a optimización enerxética a nivel municipal, propiciando a diversificación de fontes.
  • Promove-la concreción de propostas conxuntas, propiciando a implementación de solucións específicas de aforro enerxético entre os municipios das zonas transfronteirizas.
  • Optimizar un modelo transfronteirizo de capacitación e formación entre os actores e axentes implicados, que permita a realización de proxectos conxuntos, a mellora dos equipamentos enerxéticos dependentes dos municipios, así como  a efectiva transferencia dos progresos desenvoltos  por cada socio.
  • Contribuír ó cambio de mentalidade en materia de aforro enerxético a través da difusión de boas prácticas entre os cidadáns, promovendo un comportamento máis racional e responsable no consumo de enerxía.

Área de intervención dos Proxectos RETALER.

A área de intervención dos Proxectos RETALER I e II abarca tódalas rexións (NUTS II) e a maioría das provincias transfronterizas (NUTS III), tanto de España como de Portugal. Cubre, polo tanto, unha superficie de 132.146 km2, que supón ó redor dun  97% da superficie total do territorio do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP). En canto á poboación beneficiaria, sitúase en torno ós 4.500.000 habitantes, o que representa un 83% da poboación, do ámbito básico do POCTEP. A  maioría dos territorios dos socios caracterízanse polo afastamento dos  grandes centros de demanda e de actividade económica. Conxuga unha densidade demográfica moi débil, con taxas regresivas de crecemento da poboación, sendo unha característica común o alto grao de envellecemento da poboación. Ademais, en moitos destes territorios, predominan as áreas rurais.
O  área seleccionada pretende supera-las divisións administrativas rexionais para sentar unas bases de acción comúns, que permitan levar a cabo actuacións en materia de enerxías renovables, nos  territorios beneficiarios. Perséguese, por unha banda, homoxeneiza-las prácticas e políticas desenvoltas en cada territorio e, por outro lado, incluí-lo enfoque local e supramunicipal nelas. Preténdese cubri-la fronteira a través da cooperación temática en materia de enerxías renovables, que teña como fundamento o intercambio de experiencias e boas prácticas, entre entidades que contan con diferentes bagaxes e graos de actividade no campo das enerxías renovables.
Desta forma, contribúese a reforza-lo enfoque integrado que require o Programa de Cooperación Transnacional (POCTEP), levándoo máis alá das áreas tradicionais de cooperación dos socios.

Área de actuación dos Proxectos RETALER:

Portugal: Norte, Centro, Alentejo e Algarve (Minho-Lima, Cávado, Alto Trás-os-Montes, Douro, Beira Interior Norte, Beira Interior Sul, Alto Alentejo, Alentejo Central e Algarve; así como Ave, Porto, Tâmega).
España: Galicia (Ourense, Pontevedra), Castela e León (Salamanca, Zamora), Estremadura (Cáceres e Badaxoz) e Andalucía (Huelva).

Constituír unha rede transfronteiriza de autoridades locais en enerxías renovables.

Os proxectos RETALER pretenden contar coa colaboración dos axentes sociais e coas autoridades de ambos lados da fronteira, para levar a cabo unha serie de accións conxuntas que permitan o desenvolvemento, a creación de emprego e o despregue das enerxías renovables, potenciando as relacións técnicas profesionais, comerciais e sociais entre ambos lados da fronteira. Preténdese levar a cabo unha cooperación temática en materia de enerxías renovables entre autoridades locais, para promove-la súa  implantación, desde un enfoque integrado e homoxéneo que cubra a fronteira, supere as áreas tradicionais de cooperación e responda ós retos do espazo transfronteirizo.
Na  maioría dos territorios dos socios, téñense desenvolvido actuacións  puntuais en materia de enerxía. Non obstante, a nivel local, aínda son insuficientes as iniciativas na materia, pese a ser un campo prioritario de actuación para as autoridades públicas. Dada a importancia que a implantación e a  divulgación de aplicacións das enerxías renovables posúe, especialmente, en relación coa redución de emisións, a contribución ó desenvolvemento sostible e equilibrado dos territorios e as súas potencialidades de xeración de emprego, faise necesario artellar unha resposta de carácter transfronteirizo, con enfoque local. Procede, polo tanto, formular una estratexia conxunta que, desde o nivel local, favoreza a implantación das enerxías renovables nos concellos e colabore co aforro enerxético e orzamentario. Ademais esta estratexia oriéntase cara a un desenvolvemento territorial equilibrado, xa que maioritariamente se beneficia a zonas rurais, fixando poboación no rural  e pondo en valor os seus recursos.