Joom!Fish config error: Default language is inactive!
 
Please check configuration, try to use first active language

Actuacións do Retaler II
Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
BENEFICIARIOS

QUEN PODE BENEFICIARSE DO 50000&1 PAES?

1. Autoridades Locais, especialmente aquelas pertencentes a países do Mediterráneo ou novos Estados Membros.

2. Coordinadores e Promotores do Pacto, Axencias de Enerxía Locais e rexionais e outras estruturas técnicas que traballan coas Autoridades Locais no marco do Pacto de Alcaldes.

3. Principais actores implicados a nivel local no desenvolvemento, execución e seguimento do EnMS+SEAP nas Autoridades Locais (servizos públicos, entidades financeiras, organizacións non gobernamentais, asociacións comerciais, etc.).

4. Actores directamente implicados no proceso de certificación dun EnMS anivel local segundo a ISO50001 (certificación e acreditación)

 

COMO A ISO50001 PODE MELLORAR O PAES?

Os requisitos da ISO50001 xa foron aplicados nos PAES de diversos Concellos de Europa. O enfoque 50000&1 PAES axuda a:

1. Desenvolver unha política para o uso máis eficiente da enerxía, e fixar unhas metas e obxectivos para cumplir coa política.

2. Identificar as medidas correctoras e melloras potenciais para a planificación de PAES.

3. Demostrar a aplicación efectiva do PAES a terceiras partes.

4. Involucrar ás comunidades locais, permitindo ás Autoridades Locais mellorar o coñecemento sobre as necesidades enerxéticas colectivas e comunicar mellor sobre temas relacionados co medio ambiente e a eficiencia enerxética.

5. Desenvolver métodos para axudar a supervisar as metas dos PAES a longo prazo.

6. Proporcionar ás Autoridades Locais en mellor control do progreso e da capacidade de avaliar fácilmente as medidas planificadas.

7. Analizar o consumo de enerxía na xestión e utilización das axencias inmobiliarias, e nos equipos e procesos utilizados, persoal implicado e outras variables que poida influir na eficiencia enerxética.

8. Establecer indicadores de rendemento para facilitar o seguimento do proceso e resultados.

9. Mellorar continuamente a xestión enerxética.