Joom!Fish config error: Default language is inactive!
 
Please check configuration, try to use first active language

Que é o PROXECTO 50000&1 PaEs
Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
Que é o PROXECTO 50000&1 PaEs

O proxecto 50000&1 PAES ofrece unha visión coherente para integrar Sistemas de Xestión da Enerxía (EnMS) con Plans de Acción para a Enerxía Sostible (PAES) de acordo coas normas de xestión da enerxía como a ISO50001 e o Premio Europeo de Enerxía como sistemas de certificación da calidade para os Concellos comprometidos coa planificación da enerxía sostible. O seu obxectivo é axudar aos Concellos a afrontar as barreiras que bloquean a institucionalización dos seus plans de acción e a de fortalecer as estruturas internas e procedementos para unha política enerxética e unha planificación a longo prazo de alta calidade. Isto garante que o enfoque sostible da política enerxética local e a planificación se extendan e se consoliden en toda Europa.

50000&1 PAES é un proxecto de tres anos cofinanciado pola Intelligent Energy Europe, que se desenvolverá ata Febreiro de 2017.

ISO 50001, NORMAS E XESTIÓN DE ENERXÍA

A ISO50001 e outras normas de xestión enerxética poden axudar aos Concellos cos seus esforzos invertidos nun uso máis eficiente da enerxía en todos os sectores. Estas normas detallan como establecer, implantar, manter e improvisar un EnMS, permitindo a unha organización alcanzar o éxito continuo en todos os ámbitos de rendemento enerxético, incluíndo eficiencia, seguridade e consumo. O obxectivo é axudar ás organizacións a reducir o seu consumo de enerxía, custos de enerxía e as emisións de gases de efecto invernadoiro ao mesmo tempo que se mellora a xestión medioambiental.